Saturday 16 de November de 2024

A Xunta subliña a importancia da formación e da coordinación sociosanitaria na atención ás persoas maiores e dependentes


O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, abriu hoxe as VII Xornadas de Formación para Residencias Sociosanitarias celebradas no CHUAC

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, subliñou hoxe a importancia que ten a formación permanente e a coordinación entre os ámbitos social e sanitario para prestar unha atención integral ás persoas maiores e dependentes. Antón Acevedo foi o encargado de inaugurar as VII Xornadas de Formación para Residencias Sociosanitarias organizadas pola Área Sanitaria da Coruña e Cee no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

O director xeral enmarcou estas xornadas na necesidade que o persoal dos centros teñan acceso a unha formación continuada, xa que este é un dos catro piares que compoñen o novo modelo sociosanitario de Galicia: formación, maior coordinación sociosanitaria, o aproveitamento das tecnoloxías para mellorar os coidados e facilitar o traballos dos profesionais, e as reformas e melloras estruturais nos centros.