O goberno local incrementou o despregamento de policías operativos durante o nadal e realizou controis de droga e alcoholemia para previr o consumo excesivo e garantir un ambiente seguro para a veciñanza así como para os visitantes.
Dende o 10 de decembro ata o 12 de xaneiro, a Policía Local realizou un total de 245 controis a vehículos. Doutra banda, tramitáronse 26 denuncias, das cales 2 foron por delito contra a seguridade viaria, e 24 administrativas; por superar as tasas de alcol e pola presenza e/ou posesión de drogas.
“Ademais de previr o consumo irresponsable de alcol, o reforzo policial ten como obxectivodisuadir calquera comportamento delituoso e mellorar a resposta ante situacións de emerxencia.” explicou o alcalde Luís Pérez.