O investimento sitúase en torno aos 75.000 euros.
O Concello ten en fase de execución o proxecto de mellora da estrada no núcleo de San Paio da parroquia de Erboedo.
A actuación contempla a ampliación da anchura da calzada e a renovación do firme cunha nova capa de aglomerado asfáltico para facilitar a circulación dos vehículos. Concluiranse os traballos coa correspondente sinalización para reforzar a seguridade.
Esta ampla e completa intervención en San Paio suporá un investimento aproximado de 75.000 euros.
O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras Públicas, Pablo Cambón, acudiron ao lugar das intervencións co director da obra para supervisar os traballos que se prolongarán durante os próximos días.