Saturday 16 de November de 2024

O goberno propoñerá en pleno a modificación do proxecto de mellora da seguridade viaria en Sergude


· No pleno informarase dun cambio de área, delegándose a de Obras, Servizos, Medio Rural e Medio Ambiente. Estas recaerán en mans da concelleira, Rocío Rabuñal.

O alcalde de Carral, Javier Gestal, exporá no pleno ordinario de hoxe, mércores 24 de xaneiro, a aprobación dun reformado do proxecto para mellorar as cunetas de seguridade en Sergude. O equipo de goberno elevará a proposta a pleno tras a remisión dun informe de Augas de Galicia que solicitaba unha rectificación no proxecto inicial.

Inicialmente, o Concello ía realizar estas intervencións nas dúas marxes da estrada. Para levalas a cabo, solicitáronse os informes sectoriais correspondentes e, no de Augas de Galicia, o organismo informaba de que a plataforma nesta vía só podía verse ampliada na marxe dereita. As actuacións, valoradas nuns 53.208,31 euros, executaranse con fondos do POS Adicional 2023 da Deputación da Coruña.

No pleno informarase, así mesmo, dun cambio de área, delegándose a de Obras, Servizos, Medio Rural e Medio Ambiente. Estas recaerán en mans da concelleira, Rocío Rabuñal.