Na tarde de onte, o equipo de goberno mantivo reunións en Corrubedo e no lugar do Caramecheiro co propósito de buscar solucións ás inundacións producidas polas fortes precipitacións.
Na parroquia de Corrubedo, o goberno local reuniuse coa veciñanza da rúa Buenos Aires e na rúa Delicias, que nas últimas semanas viu afectadas propiedades debido ás inundacións.
O equipo de gobermo expresou toda a súa consideración e achegou alternativas e solucións a este problema que se ven repetindo de xeito sistemático ao longo dos anos; sin que os anteriores gobernos se puxeran solución.
“É preciso levar a cabo actuacións de recollida das augas pluviais da zona das Brañas, os Pozos e tamén da rúa xeral” explicou o alcalde Luís Pérez. “Imos a mellorar a conexión da recollida de augas pluviais na rúa Buenos Aires mediante a instalación de máis sumidoiros que permitan evacuar a auga dun xeito máis efectivo nos momentos de máximas precipitacións”.
Segundo explicou, o goberno xa se puxo en contacto co xefe da Demarcación de Costas “para expresarlle a necesidade de acometer unha nova actuación na canalización da praia para evacuar unha maior cantidade de auga, para o cal xa temos a autorización”.
O lugar do Caramecheiro, en Ribeira, tamén sufriu inundacións debido a que na canalización de augas pluviais na zona non hai os suficientes sumidoiros. Na reunión coa veciñanza, ogoberno local comprometeuse tamén a acometer melloras nas conexións e servizos básicos para evitar estes asolagamentos que se producen polas fortes precipitacións.