O acto de colocación da primeira pedra celebrarase o vindeiro sábado 27 de xaneiro ás 12:30 horas na contorna da zona deportiva de Bastiagueiro.
O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, acompañado polo goberno municipal, as entidades veciñais, sociais, culturais e deportivas do municipio
colocarán a primeira pedra do tan agardado multiusos de Bastiagueiro. Unha infraestrutura municipal acorde coas necesidades dun concello singular no que a cultura, a educación e o deporte son a bandeira máis ondeante.
O acto consistirá en situar dentro dun espazo habilitado unha serie de documentos, publicacións municipais de carácter cultural, deportivo etc; xornais do día e outros obxectos representativos da actualidade que serán soterrados e cubertos cunha pedra, a denominada “primeira pedra”.
García Seoane convida a toda a veciñanza a asistir o sábado 27 de xaneiro ás 12:30 horas a este acto público que terá lugar na contorna da zona deportiva de Bastiagueiro.