Friday 22 de November de 2024

Camariñas presentará a súa campaña turística e a XXXIII Mostra do Encaixe en Madrid, na Feira Internacional de Turismo ‘Fitur’ 2024


● Sandra Insua presentará mañá, mércores 24 de xaneiro, o vídeo promocional ‘Camariñas Sorprende’ e a trixésimo terceira edición da Mostra no stand de Turespaña.

● ‘Camariñas Sorprende’ e o cartel da Mostra lucirán nas pantallas de Callao e Gran Vía e tamén nas do Mercado de San Miguel durante toda a semana.

O Concello de Camariñas volve, outro ano máis, á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra en IFEMA (Madrid) para presentar, este mércores ás 17:30 horas no stand de Turespaña, a súa campaña turística ‘Camariñas Sorprende’ e a XXXIIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, será a encargada de dar a coñecer o vídeo promocional de ‘Camariñas Sorprende’ e o motivo escollido para o cartel desta edición da Mostra, que se celebrará en Semana Santa do 27 ao 31 de marzo.

Pantallas no centro de Madrid

Para contribuír á promoción turística do municipio, a campaña ‘Camariñas Sorprende’ e a XXXIII edición da Mostra lucirán en pleno centro de Madrid. Así, aproveitando a presencia en FITUR, o Concello programou que durante toda a semana se proxecte o vídeo turístico nas grandes pantallas dixitais de Callao e Gran Vía e, como novidade, nas do frecuentado Mercado de San Miguel, onde tamén se verá o cartel da Mostra.

O obxectivo desta acción publicitaria é o de continuar a promocionar o turismo en Camariñas fora das nosas fronteiras, xunto á Mostra do Encaixe, para atraer un maior número de visitantes ao longo de todo o ano.