Friday 22 de November de 2024

O director xeral de Inclusión Social visitou hoxe as súas instalacións, na Coruña O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá as instalacións do Comité Antisida da Coruña, onde recoñeceu o labor que desenvolve esta entidade en favor da inclusión social de todas as persoas en xeral, e das doentes de SIDA en particular. CASCO naceu hai máis de 30 anos para loitar contra a exclusión social das persoas doentes de SIDA. Na actualidade ten dúas vivendas de acollida básica e un centro de atención social continuada, e leva a cabo diversos proxectos de inclusión social e laboral. O director xeral puxo en valor o traballo desta entidade a prol dunha sociedade máis xusta e trasladoulles o apoio do Goberno galego para seguir desenvolvendo o seu importante labor.


O director xeral de Inclusión Social visitou hoxe as súas instalacións, na Coruña

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá as instalacións do Comité Antisida da Coruña, onde recoñeceu o labor que desenvolve esta entidade en favor da inclusión social de todas as persoas en xeral, e das doentes de SIDA en particular.

CASCO naceu hai máis de 30 anos para loitar contra a exclusión social das persoas doentes de SIDA. Na actualidade ten dúas vivendas de acollida básica e un centro de atención social continuada, e leva a cabo diversos proxectos de inclusión social e laboral. O director xeral puxo en valor o traballo desta entidade a prol dunha sociedade máis xusta e trasladoulles o apoio do Goberno galego para seguir desenvolvendo o seu importante labor.