• Con esta incorporación, o parque empresarial está a un paso de recuperar a plena ocupación.
• “Estamos a facer realidade o noso compromiso de fortalecer o músculo industrial das Somozas, eixo fundamental da nosa economía”, destacou Juan Alonso.
O Concello das Somozas aposta por continuar fortalecendo o músculo industrial da vila coa nova incorporación da empresa “Queixos Brigantia” ao polígono.
Con esta incorporación, o parque empresarial das Somozas está a un paso de recuperar a plena ocupación no máis do millón de metros cadrados de solo industrial cos que conta o polígono.
Tras o anuncio, o alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás destacou que “esta actuación continúa co firme compromiso de este goberno local por facer do polígono industrial das Somozas un referente na comarca e punteiro na creación e dinamización de emprego”. O futuro empresarial do municipio é esperanzador e confiamos en recuperar moi pronto a plena ocupación”, remata.