Friday 22 de November de 2024

Os alcaldes de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo subscriben os motivos da convocatoria da mobilización en defensa do noso mar


O sector do mar ten unha forte pegada na economía dos catro concellos da Barbanza que se traduce na xeración de postos de traballo, dinamismo económico e social.

Os motivos desta mobilización son moitos entre os que destacan a necesidade de resolver a contaminación das augas, estudar solucións ante a alta mortandande de bibalvos, a importancia dunha rexeneración das rías, entre outros moitos.

Dende a Barbanza haberá un autobús gratuíto que sairá da estación de autobuses de Ribeira ás 10:00h e fará paradas na praza maior da Pobra ás 10:15h, praza do concello de Boiro ás 10:30h e rotonda do polígono de Rianxo ás 10:45h. O regreso farase trala manifestación.

As persoas interesadas poden anotarse chamando ao teléfono 605 53 04 99 (Rafael).