O rexedor inaugurou onte o evento, celebrado na Fundación Eduardo Pondal
No acto, debateuse sobre medio rural e mariño, urbanismo ou ordenación de territorio
O alcalde do Concello de Ponteceso, José Manuel Mato, foi o encargado de inaugurar a primeira edición da Xornada de Paisaxe e Litoral, celebrada ante na sede da Fundación Eduardo Pondal.
O rexedor deu á benvida ás personalidades presentes, entre as que destacaban o alcalde de Laracha, José Manuel López; o teniente de alcalde de Laxe, Francisco Charlín; o director do Instituto de Paisaxe, Enrique Salvador; ou presidente da Asociación Española de Parques y Jardines Públicos, un Pedro Calaza que presentou o seu libro ‘Infraestructura verde. Sistema natural de salud pública’.
Mato aproveitou a súa intervención para defender os recursos paisaxísticos do Concello de Ponteceso, lembrando non só a súa costa “chea de vida” e os seus montes, senón as particularidades especiais que lle concede o río Anllóns e o seu “ecosistema único”.
O alcalde destacou que a xornada lles serviría para aprender e sacar “ideas coas que desenvolver dun xeito sostible para o medio e beneficioso para a saúde” as potencialidades do municipio pontecesán. Deste xeito, amosouse aberto a estudar iniciativas e escoitar propostas doutras administración para traballar neste eido.