O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o valor de elPulpo como unha empresa que leva a “marca Galicia” como sinal de identidade por todo o mundo.
Así o salientou na inauguración da nova sede da marca en Bergondo, pensada para albergar o proxecto téxtil de elPulpo e Nanos, tras mercar en setembro esta firma de roupa infantil. Neste sentido, Rueda resaltou o destacado papel do que goza a empresa no sector téxtil a nivel nacional e internacional.
O titular do goberno galego quixo encomiar a labor de José Antonio e Jorge Chacón, fundadores da compañía, e valorou a traxectoria da marca que, tal e como salientou, identifícase cos valores de Galicia e representa “esa esencia das grandes empresas de Galicia, a base familiar que nunca perden”.
Por último, Rueda destacou o importante papel do sector téxtil na comunidade, ao ser o principal xerador da riqueza galega e levar o selo da calidade por todo o mundo ao representar un gran volume da capacidade exportadora do territorio.