O Museo Os Oleiros organiza un novo obradoiro de entroido no que as persoas asistentes poderán reproducir unha máscara tradicional do entroido galego. O obradoiro comprenderá tres xornadas, 27 de xaneiro e 3 e 10 de febreiro.
O Entroido é a festa do barullo e a troula. Desde o Museo Os Oleiros proponse unha actividade para dar a coñecer a tradición oleira vencellada a esta celebración e que consiste na reprodución en barro dunha máscara tradicional do entroido galego. Cada participante realizará a súa propia máscara que decorará ao seu gusto coa axuda do ceramista Antón Román.
O obradoiro terá lugar os días 27 de xaneiro, 3 e 10 de febreiro (é obrigatorio poder asistir os tres días) e o seu prezo é de 4,00 euros. Poderán anotarse todas as persoas empadroadas no concello de Oleiros ata cubrir a totalidade das prazas dispoñibles.
As persoas interesadas poderán realizar a súa inscrición a través dos formularios dispoñibles na páxina web do concello ou de xeito presencial no Museo Os Oleiros e nos teléfonos 981 626 692 e 981 610 000 extensión 4211 (só para aquelas persoas que non dispoñan de acceso aos medios dixitais).
Acceso a formularios de inscrición:
1ª quenda (de 10.00 a 11.30h): https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1034581
2ª quenda (de 12.00 a 13.30h): https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1034701