Friday 22 de November de 2024

A estrada entre requesende e a DP-2404 á altura da Fonte da Canle pecharase temporalmente ao tráfico


O corte está motivado pola execución das obras do proxecto de mellora da rede de abastecemento de auga.

O Concello anuncia o peche temporal ao tráfico da estrada que comunica Requesende (parroquia de Golmar) coa DP-2404 á altura de A Fonte da Canle (Vilaño), que será efectivo desde as 9:00 horas deste xoves.
O corte á circulación está motivado pola execución do proxecto de mellora da rede de abastecemento impulsado polo Concello e a Xunta de Galicia para aumentar nun 50 % a capacidade de bombeo de auga e nun 130 % o depósito.
Precisamente as obras que obrigan a pechar a estrada ao tráfico consisten na conexión do novo depósito de auga -actualmente en construción- co punto de captación na estación potabilizadora de Gabenlle.