O Goberno municipal aprobará no pleno da próxima semana a realización de diversas obras por importe total de 1.682.345 euros. Tamén se aprobará destinar 568.342,26 euros procedentes do denominado POS+ 2024 a gastos correntes do Concello, tales como limpeza viaria ou mantemento de zonas verdes.
A obra de acondicionamento das rúas Vila, Atochas e Campo do Souto en Iñás, por importe de 503.247 euros será a primeira en contratarse. Posteriormente tramitaranse os expedientes para a renovación do depósito de auga da Edreira, en Oleiros -228.622 euros-; a renovación da rede xeral de abastecemento de auga na avenida Salvador Allende, en Nós -450.332,62 euros-; a renovación dun tramo da tubería de abastecemento de auga na avenida Rosalía de Castro, en Montrove -400.000 euros-; e a instalación de alumeado público na rúa Curros Enríquez, en Maianca -100.143,07 euros-.
Todas estas obras son autoría do Concello.