O xurado do II Premio Mundiario de xornalismo acordou por unanimidade conceder o galardón a título póstumo ao avogado Francisco Abuín Porto, en recoñecemento á súa destacada labor e compromiso en defensa da liberdade de expresión. A entrega do premio á súa familia será nun acto público, o xoves 18 de xaneiro, ás 19:30 horas, en Casa Charry. Participará o editor e fundador de Mundiario José Luis Gómez, o alcalde Ángel García Seoane e outras personalidades da política, a avogacía, a cultura, a economía e o xornalismo.