Saturday 16 de November de 2024

Nova conferencia do ciclo Contando Ciencia coa doutora en Matemáticas fenesa Erika Diz Pita


“Todas as matemáticas á vez, en todas partes” é o tema da terceira sesión do ciclo Contando Ciencia que organiza a Biblioteca “O Segrel do Penedo” do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino. A conferencia, impartida pola doutora en Matemáticas Erika Diz Pita, terá lugar este xoves, 18 de xaneiro, ás 19.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura (Avda. de Conces, 20-22, Fene), con entrada libre e de balde até completar o aforo.

Natural de Fene, Erika Diz Pita estudou Grao en Matemáticas e o Máster Universitario en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela (USC) entre 2013 y 2018. Acadou premios Extraordinarios Fin de Grao e Fin de Máster na universidade, así como o Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia. Doutora en 2022 obtendo a cualificación de sobresaínte cum laude e a mención internacional. Entre agosto de 2022 e xaneiro de 2023 traballou como Profesora Titular na Universidade Intercontinental da Empresa, e desde xaneiro deste 2023 traballa como como Profesora Axudante Doutora no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da USC. O seus traballos de investigación céntranse no estudio cualitativo de sistemas dinámicos e ecuacións diferenciais. Dende o ano 2019 ten impartido numerosas charlas divulgativas en Institutos de Educación Secundaria de Galicia.

Trala conferecia deste xoves, a seguinte cita de Contando Ciencia será o xoves 22 de febreiro e a protagonista será, nesa ocasión, a doutora en Medicina Begoña Graña Suárez, que falará “Sobre a herencia xenética do cancro”..