Friday 22 de November de 2024

A Base de Unidade Operativa de Ames remata as súas obras de reforma, cun investimento total de máis de 74.000 euros


― As melloras consistiron esencialmente no acondicionamento das diversas estancias que compoñen o edificio como vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacén e garaxes

― Con estas melloras, preténdese favorecer a conciliación entre descanso e traballo dos bombeiros e axentes

O proceso de reforma das instalacións da Base de Unidade Operativa (BUO) de Ames vén de rematar cunha actuación, enmarcada no Plan de mellora das infraestruturas da Consellería do Medio Rural do período 2021-2026, para a que se destinou un orzamento total de 74.256,66 euros. Os gastos foron financiados na súa totalidade a través de fondos Feder React, como resposta da Unión Europea á pandemia da covid19.

As melloras consistiron esencialmente no acondicionamento de vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacéns para material e instrumental de traballos, ademais dos recintos para gardar os vehículos.

A edificación, localizada no concello de Ames, é o punto de encontro do persoal das brigadas forestais. Con estas melloras, preténdese favorecer a conciliación entre descanso e traballo dos bombeiros e axentes.