Saturday 23 de November de 2024

O Partido Popular de Cambre solicita o Ministerio de Transportes e Mobilidade a creación dun apeadeiro na urbanización La Barcala para o futuro tren de cercanías da comarca


Ante o anuncio esta semana polo ministro Óscar Puente do estudo para implantar un tren de cercanías que dea servizo á área metropolitana da Coruña, o Partido Popular de Cambre solicitou ao Ministerio que se aproveiten as vías existentes entre Betanzos e Coruña que pasan polo noso concello para crear un novo apeadeiro que dará servizo aos case 3.000 veciños da Barcala, así como recuperar a estación de Cambre e a parada de Cecebre para este futuro servizo de cercanías.

“A mellora das comunicacións é vital para o futuro desenvolvemento de Cambre e non pode volverse a repetir o colapso circulatorio destes anos que tivemos no Temple coas obras do túnel de Perillo, temos que ser previsores ante a futura ampliación de Alfonso Molina e da Pasaxe, cun tren de cercanías activo durante estas obras, facilitaríamos o desprazamento dos veciños á cidade e reduciríamos os traslados particulares en coche, fomentando o transporte público”, explica a portavoz municipal Diana Piñeiro.