Friday 22 de November de 2024

O Festival de Reis de Lousame repartíu 500 bolsas de doces sen glute e outras tantas racións de chocolate con churros


Preto de medio milleiro de veciños e veciñas, entre adultos e nenos, encheron esta tarde o polideportivo municipal “Pilar Barreiro Senra” para participaren no tradicional Festival de Reis organizado polo Concello de Lousame. Repartíronse 500 bolsas de doces sen glute e outras tantas racións de chocolate con churros.

A festa deu comezo a partires das 17.00 horas con hinchables para os máis cativos, coma un tobogán e un castelo xigantes, o xiraloco e un circuíto de trikets. Tras gozaren destes xogos, e arredor das 18.30 horas, as Súas Maxestades de Oriente entraron no pavillón municipal repartindo caramelos entre os cativos e maiores que os foron parando mentras se dirixían aos seus respectivos tronos.

Unha vez alí e ante a mirada atenta dos cativos, o paxe real foi dando paso aos pequenos que sentaban no colo de Melchor, Gaspar e Baltasar para realizaren as súas peticións para esta máxica noite. A celebración completouse cunha degustación de chocolate con churros para todos os asistentes.