O Concello de Laxe continuou, ao longo destes días, cos traballos de vixilancia e control dos areais do municipio para controlar a presencia de pellets.
Tras a recollida realizada o pasado domingo en Traba por Protección Civil e persoas voluntarias, hoxe achegáronse ata o municipio varios efectivos de Tragsa para continuar con estes labores nas praias.
Desde o Concello aseguran que, nestes días, daráselle continuidade a estes traballos de maneira coordinada para manter controlada a situación.