As familias que viven na rúa Xardín de Gómez levan meses solicitando a Naturgy que substitúa este poste de formigón totalmente deteriorado. O Concello unirá a súa presión sobre a empresa á veciñanza do lugar, xa que o perigo para o espazo público é evidente e require unha solución bastante doada e barata, que é a substitución por un novo.
Lamentablemente, o comportamento desta empresa é tradicionalmente esquivo co coidado do espazo urbano. A súa falta de respostas ás demandas de traslado de postes que ocupan beirarrúas, beiravías ou mesmo outros lugares inadecuados interrompendo a circulación peonil, ciclista e mesmo motorizada, é proverbial.
Agárdase que Naturgy atenda dunha vez, aínda que sexa tarde, as demandas veciñais e municipais.