• O establecemento sumou 99 dos 287 votos emitidos en total entre as dúas canles habilitadas
A Perruquería Azabache recibirá o vindeiro 12 de xaneiro o diploma como establecemento comercial máis votado e gañador do III Certame de Escaparates de Nadal de 2023.
O salón de peiteado foi o máis votado polos veciños e veciñas a través das dúas canles habilitades: dando ‘me gusta’ ou ‘me encanta’ na publicación correspondente na páxina de Facebook municipal e a través do servizo de mensaxería instantánea NovasLaxe, entre as que sumou 99 votos, 93 na páxina de Facebook e 6 a través de WhatsApp, dos 287 votos emitidos en total.
Estanco Casa López quedou na segunda posición con 77 votos, 76 en Facebook e 1 en WhatsApp; D’Troula na terceira con 61, 60 en Facebook e 1 en WhatsApp; e a Floraría Rebeca na cuarta posición con 50 votos, 47 en Facebook e 3 en WhatsApp.
Desde a Concellería de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura, quixeron agradecer a todos os establecementos a súa participación e esmero por compartir con toda a veciñanza o seu espírito de Nadal.