O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o concelleiro de Deportes Xabier Vidal e o tenente de alcalde Vicente Mariño recibiron a Marta e Adrián Blanco, que acadaron recentemente medalla de plata na Copa de Europa de patinaxe, acompañados pola entrenadora do Club de Patinaxe de Ribeira, Elena Rey.
Marta e Adrián Blanco foron subcampións nacionais no mes de maio e foron os convocados para representar a España nesta competición internacional, na que se colgaron a medalla de prata na final de parellas artístico na categoría cadete.
Os edís parabenizaron aos deportistas e animaron a que sigan esforzándose para acadar novas medallas e títulos. “É un orgullo contar con deportistas de alto nivel no noso concello” aseverou o alcalde Luís Pérez.