O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo. No encontro, no que tamén participou e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Indalecio Cabana, abordáronse diversos asuntos en materia de educación e cultura, de interese para ambas as partes.
Neste senso, abordaron propostas de mellora nos centros educativos do Concello, con especial incidencia no CPI Alcalde Xosé Pichel e outras actuacións en edificios públicos do municipio.