O Concello de Miño detectou hoxe, luns 8 de xaneiro, a chegada de pellets de plástico á praia de Perbes, aínda que en pequena cantidade de momento.
Instalouse un contedor para depositar as recollidas que se fagan deste material. Seguirase vixiando esta praia e o resto de areais do municipio.