A marea plástica formada por millóns de diminutas bolas procedentes do mercante que perdeu a mercancía o 8 de decembro, chegou a Arteixo.Xa non son só as costas das Rías Baixas ou a Mariña lucense as contaminadas por esta lacra e son as praias de todo o país as que están infectadas.
Esiximos á Xunta de Galiza para que se “poña as pilas” e lidere e coordine a organización destes traballos de limpeza pois, este desastre, é un problema nacional e deixe de botar as responsabilidades enriba dos concellos porque segundo a Xunta “son os concellos quen teñen que limpara os seus areais”. Esta Xunta é un perigo para os intereses dos galegos e galegas porque deixa ao libre albedrío á sociedade galega e non se ocupa nin de organizar ás administracións locais nin orzamentaria nin con ningún outro recurso.
Estes pellets son perigo para animais e para mariscos e peixes que acabarán por introducirse na cadea trófica e rematando por afectarnos.
Xa o puxemos en coñecemento da Policía Local como din os protocolos, para que poñan en marcha as medidas adecuadas para minimizar o seu impacto en Arteixo.