Friday 22 de November de 2024

A Xunta incorpora novos centros aos programas Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Lectura e Familias e convoca iniciativas de voluntariado nestes espazos


— Case 200 centros traballan cos laboratorios de radio e 170 inician o seu alumnado no pensamento computacional en actividades programadas polas bibliotecas

— Un total de 115 centros desenvolven actividades para promover a participación das nais e pais en experiencias de lectura ou traballo con medios de comunicación

— Os centros poden solicitar unirse a Bibliotecas Escolares Solidarias ata o 13 de xaneiro

A Xunta de Galicia vén de publicar as resolucións definitivas dos programas Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Lectura e Familias para este curso 2023/24, a través das que se incorporan novos centros e se dá continuidade á participación dos xa integrados. Así mesmo, o Portal Educativo publicou xa a convocatoria de Bibliotecas Escolares Solidarias, a iniciativa que busca estimular o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado dos niveis non universitarios e as súas familias.
Todos estes programas enmárcanse no Plan LIA 2021-2025 (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se guían todas as actuacións en materia de bibliotecas escolares
nos centros de ensino non universitarios de Galicia.

Case 200 centros con laboratorio de radio
O programa Radio na Biblio chega este curso a 196 centros de ensino, que contan todos eles cun laboratorio de radio no que traballan as competencias informacionais e mediáticas do alumnado. A resolución publicada no Portal Educativo establece a continuidade de 166 centros no programa e a incorporación dos seguintes 30 colexios e institutos:

Provincia Concello Centro
Coruña, A Coruña, A EOI da Coruña
Coruña, A Coruña, A CEE María Mariño
Coruña, A Coruña, A CIFP Universidade Laboral
Coruña, A Culleredo CEIP Plurilingüe de Tarrío
Coruña, A Malpica de Bergantiños IES Urbano Lugrís
Coruña, A Moeche CEIP de San Ramón
Coruña, A Monfero CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Coruña, A Sada CEIP Plurilingüe O Mosteirón
Coruña, A Santiago de Compostela IES Arcebispo Xelmírez I
Coruña, A Teo IES de Cacheiras
Coruña, A Zas IES Maximino Romero de Lema
Lugo Begonte CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño
Lugo Viveiro IES María Sarmiento
Lugo Viveiro CEP Luís Tobío
Ourense Mezquita, A CEIP Augusto Assía
Ourense Ourense CEIP O Couto
Ourense Ourense IES 12 de Outubro
Ourense Ourense CPI Plurilingüe José García García
Pontevedra Cangas CEIP do Hío
Pontevedra Cerdedo-Cotobade CEIP Plurilingüe de Tenorio
Pontevedra Estrada, A CEIP Cabada Vázquez
Pontevedra Guarda, A CEIP A Sangriña
Pontevedra Moaña CEIP de Abelendo
Pontevedra Ponteareas CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera
Pontevedra Ponteareas CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera
Pontevedra Porriño, O CEIP Plurilingüe da Ribeira
Pontevedra Vigo CEIP Virxe do Rocío
Pontevedra Vigo CEIP Illas Cíes
Pontevedra Vigo CEIP Plurilingüe Seis do Nadal
Pontevedra Vigo CEIP de Coutada-Beade

 

Un total de 170 colexios desenvolven este curso o programa Biblioteca Creativa, 145 de continuidade e 25 de nova incorporación, tal e como recolle a resolución. O obxectivo da iniciativa é estimular a iniciación do alumnado de Infantil e Primaria no campo do pensamento computacional a través de actividades manipulativas e outras, programadas desde a biblioteca escolar. Os centros de nova incorporación son os reflectidos na seguinte táboa:

Provincia Concello Centro
Coruña, A Arzúa CEIP de Arzúa
Coruña, A Boiro CEIP Plurilingüe Santa María do Castro
Coruña, A Carral CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel
Coruña, A Coruña, A CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro
Coruña, A Laracha, A CEIP Ramón Otero Pedrayo
Coruña, A Ribeira CEP Plurilingüe de Carreira
Lugo Sarria EEI Xela Arias
Ourense Barco de Valdeorras, O CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas
Ourense Irixo, O CEIP Virxe da Pena da Sela
Ourense Mezquita, A CEIP Augusto Assía
Ourense Ourense CEIP O Couto
Ourense Ourense CEIP Plurilingüe de Seixalbo
Ourense Ourense CPI Plurilingüe José García García
Pontevedra Cambados CEP Antonio Magariños Pastoriza
Pontevedra Estrada, A CEIP Plurilingüe de Oca
Pontevedra Estrada, A CEIP Cabada Vázquez
Pontevedra Moaña CEIP de Abelendo
Pontevedra Moaña CEIP Plurilingüe de Tirán
Pontevedra Ponteareas CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera
Pontevedra Redondela CEIP Plurilingüe de Cedeira
Pontevedra Vigo CEIP Eduardo Pondal
Pontevedra Vigo CEIP Plurilingüe Javier Sensat
Pontevedra Vigo CEIP Balaídos
Pontevedra Vigo CEIP de Coutada-Beade
Pontevedra Vilagarcía de Arousa CEIP A Escardia

Lectura e familias
O programa Lectura e familias estimula o deseño e desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar. O obxectivo é que nais e pais se impliquen en experiencias de lectura ou de traballo coa información e medios de comunicación, coa finalidade de que poidan intervir con mellores recursos e eficacia na formación dos seus fillos como persoas lectoras e usuarias de información.

Tal e como establece a resolución definitiva, son 90 os centros que continúan no programa, aos que se suman os 25 que se incorporan a el por primeira vez:

Provincia Concello Centro
Coruña, A Boiro CEIP Plurilingüe Santa María do Castro
Coruña, A Cabanas CEIP Plurilingüe Eladia Mariño
Coruña, A Cambre CEIP Emilio González López
Coruña, A Coruña, A CEIP Cidade Vella
Coruña, A Coruña, A CEIP Plurilingüe Alborada
Coruña, A Monfero CPI Plurilingüe Virxe da Cela
Coruña, A Oroso CRA de Oroso
Coruña, A Pontedeume CEIP Couceiro Freijomil
Coruña, A Somozas, As CEIP O Marbán
Coruña, A Touro CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz
Lugo Fonsagrada, A CEIP Plurilingüe Santa María
Lugo Lugo IES Sanxillao
Lugo Vilalba IES Santiago Basanta Silva
Lugo Vilalba EEI de Vilalba
Ourense Boborás CEIP Nosa Señora de Xuvencos
Pontevedra Crecente CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro
Pontevedra Estrada, A CEIP do Foxo
Pontevedra Ponte Caldelas CEIP Manuel Cordo Boullosa
Pontevedra Ponteareas CEIP Fermín Bouza Brey
Pontevedra Redondela IES de Chapela
Pontevedra Silleda CEIP Ramón de Valenzuela
Pontevedra Vigo CEIP Plurilingüe Javier Sensat
Pontevedra Vigo CEIP de Sárdoma-Moledo
Pontevedra Vigo CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral
Pontevedra Vilaboa CRA de Vilaboa Consuelo González Martínez

Ata o 13 de xaneiro
Os centros interesados en sumarse a Bibliotecas Escolares Solidarias poderán solicitalo ata o 13 de xaneiro. O programa contempla o desenvolvemento de actividades de voluntariado nas etapas de Primaria e Secundaria e outras ensinanzas, e a posibilidade de optar a unha distinción a través do Selo Biblioteca Escolar Solidaria.

O obxectivo é recoñecer os esforzos das comunidades educativas por conformar bibliotecas escolares inclusivas, que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento e ao uso dos recursos culturais e de aprendizaxe. A iniciativa intégrase, ademais, como iniciativa de voluntariado nos programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social.