Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Oleiros denuncia a contaminación da costa do municipio con milleiros de pellets de plástico


O Concello de Oleiros denuncia a contaminación das praias e de toda a costa do municipio con milleiros de diminutas bolas de plástico brancas, denominadas pellets. A día de hoxe, o Concello non recibiu ningún tipo de comunicación por parte da Xunta de Galicia en relación a este grave asunto e insta aos Gobernos autonómico e central a adoptar medidas urxentes para limpar a costa dos elementos contaminantes e reducir o grave impacto medioambiental que se está a orixinar contra o medio mariño.

As bolas de plástico son dun material ambientalmente contaminante e proceden dun mercante polaco que tivo unha incidencia o pasado día 8 de decembro fronte á costa portuguesa. As bolas comezaron a chegar ás praias galegas o día 13 de decembro e, desde entón, a Xunta de Galicia intentou ocultar á cidadanía esta situación, que está a provocar a contaminación dunha parte importante da costa galega.

Urxe a adopción de medidas efectivas por parte da Xunta e do Estado para defender o medio ambiente e, por conseguinte, ao sector pesqueiro galego.