Para o Partido Popular non se pode atrasar por máis tempo a recuperación do que considera un dos edificios máis representativos do municipio. A Terraza de Sada vén sendo nas últimas décadas a imaxe máis coñecida do Concello e, por tanto, é necesario garantir non só a súa conservación senón tamén a súa utilización para fins públicos culturais.
“Se o que o Concello quere, e parece que sobre isto hai coincidencia, é conservar en todo o seu esplendor este emblemático edificio non hai un camiño máis curto e máis eficiente que, manténdoo en mans privadas, conveniar a súa utilización para actividades públicas con algunha contraprestación co que nos salvariamos todos os sadenses de boa parte dos gastos que supoñería a súa titularidade pública” manifestou Esperanza Arias presidenta do Partido Popular de Sada.
Aspectos como a apertura e peche, espazos dispoñibles para actividades municipais, datas e horarios das mesmas, limpeza, mantemento, quedarían determinados no devandito convenio do mesmo xeito que todo o relativo á preservación do edificio.
“Esperamos a coñecer os orzamentos, dos que seguimos sen noticia oficial algunha e que xa chegan con atraso, para facer as nosas propostas” engadiu tamén Portavoz do Grupo Municipal Popular.