Friday 22 de November de 2024

O Concello fai entrega de diplomas a tódolos deportistas becados de Ribeira


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, e o concelleiro de deportes, Xabier Vidal, fixeron hoxe entrega dos diplomas a tódolos deportistas de Ribeira que conseguiron as becas individuais por destacar na súa faceta cometitiva durante o ano 2022. No acto tamén estiveron os edís Francisco Suárez e Fernando Abraldes.

O equipo de goberno parabenizou a tódolos rapaces e agradeceu “o esforzo e a dedicación de todos os que demostraron un compromiso excepcional co deporte e levaron o nome do noso municipio a novos niveis de excelencia.” afirmou Luís Pérez. O alcalde reafirmou asimesmo o seu compromiso de aumentar as cuantías destas becas nos vindeiros anos.
“O deporte non só é unha forma de manternos saudables, senón tamén unha ferramenta poderosa para construír carácter, disciplina e traballo en equipo.” explicou o concelleiro Xabier Vidal. “En Ribeira, sempre recoñecemos a importancia de apoiar e fomentar o desenvolvemento integral dos nosos mozos, e estas bolsas son un testemuño do noso compromiso continuo co seu éxito.”

As becas foron para: Irene Montemuiño, 9ª Clasificada Campionato de Europa Sub-21 de Taekwondo, Iván Parada; 1º Clasificado campionato do mundo Semikempo, Adrián Pego Rey; 1º Clasificado campionato do mundo Kempo, Clara Millares, 3ª Clasificada Campionato de España de boxeo, Lois Tomás González; 1º Clasificado Campionato Galego Absoluto de Taekwondo, Borja Domingo Franco, 1º Clasificado campionato Galego Sub-21 de Taekwondo, Juan Vicente Figueiras, 2º Clasificado Campionato do Mundo de Full- Kempo Junior, Nuria Cernadas, 5ª Clasificada Campeonato de España Absoluto de Taekwondo, Paula Castrelo, 2ª Clasificada campionato de España de Kempo, Tomasa Franco; 2ª Clasificada Campionato de España Cadete Taekwondo, Ainhoa Teira; 5ª Clasificada Campionato de España Taekwondo Junior, Marta Teira; 1ª Clasificada campionato de España de Kempo, Alejandro Cernadas Ageitos, 3º Clasificado Campionato Galego Junior de Taekwondo, Ana Daniela Sieira, 3º Clasificada Campionato Galego Cadete Patinaxe, Mauro Vizcaya rey, 3º Clasificado Campionato de España remo ergómetro e Mateo Crujeiras Villar, 1º Clasificado campionato Galego de Triatlón.