Saturday 16 de November de 2024

O proxecto pobrense “A todo piñón” reparte bicicletas con carácter solidario cara ao día de Reis


Alumnado participante na iniciativa pobrense “A todo piñón”: escola de segunda oportunidade do Barbanza colabora con Melchor, Gaspar e Baltasar para os agasallos do día de Reis.
Esta acción solidaria permitiu a reparación de varias bicicletas doadas pola cidadanía para deixar baixo a árbore do Nadal de persoas que o precisan.
A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, manifesta que se lle deu así unha segunda vida a vehículos de tracción humana para contribuír a unha boa causa. Aproveitou a ocasión para felicita-lo estudantado que integra o proxecto, impulsado pola Administración local, co apoio da comunidade educativa e o tecido empresarial, para a mellora das competencias prelaborais e profesionais da xente moza de entre 16 e 30 anos de toda a comarca, a través da mobilidade sostible e a economía circular, ao tempo que se busca contribuír á creación de emprego na localidade.