Saturday 16 de November de 2024

Alberto Liñares Lamas, novo responsable comarcal de Galiza Nova de Bergantiños


A organización realizará o sábado 6 de xaneiro un encontro aberto con militancia e simpatizantes

A asemblea comarcal de Galiza Nova de Bergantiños vén de elixir como responsable comarcal a Alberto Liñares Lamas. Natalia Iglesias continúa como responsable de organización e Hadrián García Pérez, como responsable de comunicación. Na asemblea, celebrada o día 2, participou a secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez.

Alberto Liñares (Sofán-Carballo, 1994), é enxeñeiro químico e actualmente exerce como docente en Arteixo. Moi vinculado ao mundo asociativo no eido da música tradicional, nas últimas eleccións municipais formou parte da candidatura do BNG de Carballo e nas xerais integrou a candidatura do BNG ao Senado pola provincia da Coruña.

O novo responsable comarcal e os seus compañeiros e compañeiras da organización xuvenil participarán este sábado 6 de xaneiro no bar O Patacón, a partir das 22.00 horas, nun encontro informal aberto con militancia e simpatizantes.