Nos concursos de Facebook rexistráronse preto de 10.000 votos válidos.
Xa hai gañadores da 28ª edición do Concurso de Escaparates e da 1ª edición do Certame de Fachadas, Balcóns e Xardíns particulares que convocou o Concello coa finalidade de premiar os mellor decorados con motivos propios das datas do Nadal.
En ambos casos houbo dúas categorías de premios: unha delas decidida polo xurado nomeado polo Concello e, a outra, a da votación en Facebook, que estivo aberta desde o 26 de decembro e ata as 12:00 horas do día de hoxe.
28º Concurso de Escaparates
Repártense un total de 1.800 euros en premios. En Facebook rexistráronse máis de 2.600 votos válidos.
Valoracións do xurado:
• 1º premio (500 euros): Florería Lilos (Rúa Santa Lucía, 65. A Laracha).
• 2º premio (400 euros): Floristería Casbo (Avenida Bergantiños, 25. Paiosaco).
• 3º premio (300 euros): Agrotusset (Avenida Bergantiños, 2 A. Paiosaco).
• 4º premio (200 euros): Troula Kids (Rúa Rosalía de Castro, A Laracha).
• 5º premio (100 euros): Peluquería J. Vázquez (Rúa Epifano Campo, 18. A Laracha).
Votacións en Facebook:
• 1º premio (150 euros): Agrotusset (Avenida Bergantiños, 2 A. Paiosaco), con 549 votos.
• 2º premio (100 euros): Florería Lilos (Rúa Santa Lucía, 65. A Laracha), con 511 votos.
• 3º premio (50 euros): Argalla (Rúa Carballo), con 426 votos.
1º Concurso de Fachadas, Balcóns e Xardíns particulares:
Repártense en total 1.200 euros en premios. En Facebook rexistráronse máis de 7.000 votos válidos.
Valoracións do xurado:
• 1º premio (400 euros): Estrella Calviño (Soandres)
• 2º premio (300 euros): Tatiana de Andrés (Cabovilaño)
• 3º premio (200 euros): Carlos Andrade (Torás)
Votacións en Facebook:
• 1º premio (150 euros): Nerea Queijo (A Laracha), con 2.221 votos.
• 2º premio (100 euros): Tatiana de Andrés (Cabovilaño), con 1.415 votos.
• 3º premio (50 euros): Paula Fuentes (A Laracha), con 926 votos.