O PP de Culleredo volve organizar o Torneo Solidario de Fútbol sala que celebrou con gran éxito o ano pasado por primeira vez. De novo en colaboración con Cáritas, o obxectivo deste torneo volve ser a recollida de alimentos, polo que para acceder ao polideportivo e gozar do torneo pídeselles aos asistentes que contribúan con alimentos non perecedoiros.
Os populares queren agradecer especialmente aos equipos participantes a súa xenerosidade e a súa “total disposición e colaboración. Alégranos enormemente que ademais este ano aumentasen os participantes, de 4 a 6 equipos. O noso máis sincero agradecemento aos rapaces e ás súas familias, esperamos que gozar e que o torneo sexa un éxito”.
O Hércules FS de Coruña, os equipos A e B do Troula FS de Betanzos e os cullerdenses S.P Burgo, Olímpico de Rutis e Portazgo S.D. serán os participantes este ano.
Desde o PP de Culleredo animan a todo o que queira gozar do fútbol sala a que se acheguen ao Polideportivo do Burgo e fagan a súa contribución. Os partidos comezarán ás 10 da mañá.