Thursday 21 de November de 2024

A proba ‘3 H Resistencia Concello de Camariñas’ de BTT volve a estar incluída no circuíto galego


· A cita, organizada por PC Baikers do Vilán en colaboración co Concello, será o domingo 4 de febreiro con saída e chegada na paria do Ariño.

· O campionato galego contará con seis probas ao longo de 2024 e as inscricións deberán formalizarse na páxina web da Federación Galega de Ciclismo.

A ‘3H Resistencia Concello de Camariñas’ de BTT, organizada pola Peña Ciclista Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas, volverá a formar parte da Copa Galicia de Resistencia, coordinada pola Federación de Ciclismo Galego (FCG).

A cita, prevista para o domingo 4 de febreiro e que terá saída na praia do Ariño desde as 10 horas, é unha das seis probas das que constará o campionato galego ao longo de 2024:

1. Lousame, 14 de xaneiro.
2. Noia, 21 de xaneiro.
3. Muros, 28 de xaneiro.
4. Camariñas, 4 de febreiro.
5. Vilagarcía, 11 de febreiro.
6. Narón (Campionato Galego).

As inscricións poderán formalizarse no seu momento na páxina web da Federación Galega de Ciclismo (https://fgalegaciclismo.es/index.php/es/smartweb/seccion/seccion/galicia/Inicio) e as categorías son: desde cadete ata Máster 60 e parellas femininas, masculinas e mixtas.