Saturday 16 de November de 2024

Mariñas Coruñesas é seleccionada como representante do sistema de calidade turística de España


• Será a única Reserva de Biosfera presente na Comisión, conformada por 21 persoas

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas é elixida a nivel España para participar no órgano de representación do Sistema de Calidade Turística (SICTED). A súa misión será a de supervisar a correcta aplicación do sistema e harmonizar as actuacións que se realizan.
O órgano, denominado Comité Interdestinos, está composto por 21 persoas. Integra a unha representación dos diferentes tipos de destinos. Hai comunidades autónomas, como Madrid ou Galicia, cidades como Valencia ou Murcia, municipios e rexións. Mariñas Coruñesas é a única Reserva de Biosfera presente.
O xerente do Plan de Sustentabilidade da Reserva, Diego López, será o representante. O próximo mes de xaneiro, coincidindo con Fitur, manterán o seu primeiro encontro.
A selección de Mariñas Coruñesas para este comité de ámbito estatal reforza o papel adquirido pola entidade como destino de ecoturismo a nivel nacional e internacional, un modelo diferente baseado na promoción do territorio, a calidade e o respecto ao medio ambiente.