Un total de 22 alumnos participantes durante estas vacacións no curso de informática Infornadal, pertencente á programación do Nadal Cultural de Riveira, recolleron esta mañá cadanseus diplomas.
O acto, celebrado na aula CeMIT en Cubeliños, contou coa participación da primeira tenente de alcalde e responsable de novas tecnoloxías, Fabiola García, así como de Abel Alonso, encargado de impartir o curso.
Tras finalizar o acto fixéronse unha foto de familia.