O Concello de Ribeira ven de adxudicar o saneamento e pavimentación da rúa do Colexio de
Corrubedo con un orzamento de 67.515,76 euros.
A obra consistirá na instalación dunha liña de saneamento de 262 m de lonxitude e a
pavimentación da rúa para a mellora da accesibilidade e mobilidade da veciñanza. “Con esta
actuación tamén se pretende contribuir á seguridade viaria, reducindo o risco de accidentes
e facilitando o tránsito peonil e vehicular.” explicou o alcalde Luís Pérez.
Segundo explicou, o goberno local seguirá a traballar para a dotación de servizos básicos en
tódalas parroquias. “O saneamento é un servizo fundamental para a saúde pública así como
para a prevención da contaminación da auga no noso rural” concluiu.