Este venres, 5 de xaneiro, chegarán a Bergondo os Reis Magos acompañados dos seus paxes, onde percorrerán o municipio na xa tradicional cabalgata.
A ruta por todas as parroquias comezará ás 14.30 horas e prolongarase ata as 18.40 horas, cando se espera que cheguen ao Pavillón de Guísamo para recibir á rapazada con roscón e unha gran chocolatada.
Prégase que non se aparque no percorrido da cabalgata.
Pódese consultar as horas de paso na imaxe e o traxecto en tempo real na seguinte ligazon: http://tinyurl.com/3cehctet