O Concello de Cambre quixo felicitar ás súas veciñas máis lonxeva, Consolación Paz Precedo, que cumpriu cento dous anos rodeada da súa familia, na súa casa de Sigrás. O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, e o concelleiro de Cultura, Ramón Boga, desprazáronse ata o seu domicilio para entregarlle un agasallo de aniversarios e un ramo de flores en nome da Corporación Municipal e de todos os veciños de Cambre. A lonxeva veciña fotografouse co alcalde xunto a unha das súas bisnietas e do resto da súa familia, que agradeceu o xesto do primeiro edil e da Corporación cambresa.