
O vindeiro venres 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros. A comitiva real será recibida oficialmente na Casa do Concello, estando previsto que ás 16:30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar saúden desde o balcón principal do consistorio a todos os nenos e nenas que se acheguen ata a praza de Galicia. Posteriormente iniciarán o seu itinerario por todas as parroquias do municipio.
Os horarios aproximados de paso dos Reis Magos son os seguintes, aínda que poderían sufrir variacións en función do tráfico:
16:30 H – Recepción oficial na Casa do Concello e saúdo desde o balcón do consistorio
16:45 H – Avenida Francisca Herrera
16:50 H – Avenida Isaac Díaz Pardo, urbanización Os Regos
17:00 H – Avenida Rosalía de Castro, Casa do Pobo de Montrove
17:10 H – Rúa das Garridas
17:20 H – N-VI, Avenida das Mariñas (Agramar-Beiramar)
17:25 H – Urbanización O Seixo
17:40 H – Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido
17:55 H – Avenida Salvador Allende, Casa do Pobo de Nós
18:05 H – Avenida Espoz y Mina
18:10 H – Rúa da Vila, Casa do Pobo de Iñás
18:15 H – Rúa Fonte do Ouro, urbanización Arenaza
18:30 H – O Couto, Rúa do Golfiño
18:40 H – Avenida Giménez Herrero, Casa do Pobo de Dexo
18:50 H – Rúa Doutor Fleming
19:00 H – Paseo de Mera
19:05 H – Avenida María Pita
19:10 H – Avenida República Arxentina, Breixo
19:15 H – Urbanización Rialta, parque Nicolás Redondo
19:25 H – Rúa Viñas de Babilonia
19:35 H – Avenida Concepción Arenal
19:40 H – Avenida Che Guevara
19:50 H – Rúa Darwin
20:00 H – Avenida Santa Cristina
20:10 H – Rúa Miradoiro
20:15 H – Avenida da II República