Ofértanse prazas nas EIM da Agra do Orzán, Arela, Carricanta, Monte Alto, Os Cativos e Os Rosales sendo a maioría en auldas de 2-3 anos
O Concello da Coruña abre este xoves 4 de xaneiro unha nova convocatoria para a solicitude de prazas vacantes na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), cunha oferta de 52 prazas destinadas a pequenas e pequenos nados entre os anos 2021 e 2023. O prazo abrirase este xoves 4 de xaneiro podendo achegar as solicitudes ate o próximo venres 12 de xaneiro, ambos inclusive.
Estas prazas, correspondentes ao curso 2023-24 na REIM, repártense entre seis das oito Escolas Infantís Municipais EIM Agra do Orzán, EIM Arela (Elviña), EIM Carricanta (Castrillón), EIM Os Rosales, EIM Luís Seoane (Monte Alto), EIM de Monte Alto e EIM Os Cativos (Palavea).
A gran maioría das ofertadas nesta nova convocatoria correspóndende coas aulas de 2-3 anos, para nenos e nenas nados no 2021, tendo a totalidade das prazas ocupadas nas aulas de 0-1 anos e de 1-2 anos, coa excepción dunha única praza dispoñible neste último tramo para a EIM Os Cativos de Palavea.
A distribución, por Escolas Infantís Municipais, é a seguinte:
AULAS A CARACOLA AGRA DO ORZÁN ARELA CARRICANTA OS ROSALES LUIS SEOANE MONTE ALTO OS CATIVOS
0-1 (2023) 0 0 0 0 0 0 0 0
1-2 (2022) 0 0 0 0 0 0 0 1
2-3 (2021) 0 7 6 2 18 0 2 16
A solicitude de praza na Rede de Escolas Infantís Municipais
As solicitudes, xunto co resto da documentación necesaria, poderán presentarse a partires do 4 de xaneiro a través do rexistro municipal (presencial ou telemático). No caso de tramitar a solicitude en cuestión por outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo, as persoas interesadas deberán informar ao Servizo Municipal de Educación a través do correo electrónico escuelasinfantiles@coruna.gal.
A información completa sobre o proceso de admisión na REIM pode consultarse aquí.
O calendario do proceso de solicitude e admisión
A publicación das listaxes definitivas será o xoves 25 de xaneiro, paso previo á apertura do prazo de matrícula que estará habilitado os días 29 e 30 de xaneiro. A Rede de Escolas Infantís Municipais ofrece un servizo ás familias de xeito gratuíto, iniciativa na que o Goberno de Inés de Rey foi pioneiro en Galicia, polo que as matrículas son de balde para os interesados.