Saturday 16 de November de 2024

O Partido Popular de Oleiros desmente ao alcalde polas súas críticas ás axudas da dependencia da Xunta para 220224 o


O ALCALDE ACUSOU Á XUNTA DE GALICIA DE TENTAR MANIPULAR Á CIDADANÍA

“Resulta completamente inaceptable que o alcalde de Oleiros tente enganar aos seus veciños con relación ao Bono Coidado no Hogar, impulsado pola Xunta de Galicia, en lugar de informarlles de maneira adecuada e, sobre todo, axudarlles a solicitalo”, declarou Loli Silva, portavoz municipal do Partido Popular.

Nas críticas á medida recollida nos orzamentos da Xunta que acaban de presentarse a pasada semana, o alcalde alega que son as mesmas axudas que xa existían para a dependencia e que “simplemente se incrementarán en función da renda”. Desde o Partido Popular de Oleiros afirmamos que o certo é que todas as persoas con dependencia recoñecida e que requiran os coidados dunha persoa próxima, con independencia de cal sexa a súa renda e do seu grao, recibirán 5.000€ ao ano (preto de 420€ ao mes). Non contento con iso, García Seoane, afirma que “non todos conseguirán alcanzar esa cifra de 5.000€ ao ano”, cando a medida recolle que todas as persoas con dereito á axuda recibirán, como mínimo, esa cantidade.

Volve mentir o alcalde de Oleiros cando alega que “por orde do Goberno Central é obrigatorio actualizar os importes da dependencia e que serán como máximo de 416€ ao mes”. Se a Xunta de Galicia actualizase os importes como indica o Goberno central, na maioría dos casos a contía apenas superaría os 200 euros ao mes, que é a metade do Bono Coidado no Hogar.

E concluíu Loli Silva “o único certo é que grazas aos 100 millóns de euros que destina a Xunta de Galicia, os galegos con dependencia e coidados no seu fogar por un achegado contarán cunha axuda única en España. Parece que isto é o que – tristemente- lle molesta ao alcalde de Oleiros.”