O alclde de Ribeira, Luís Pérez e a concelleira de cultura, Antía Alberte, visitaron o obradoiro de Frouma Atlantic Wood, a empresa do ribeirense Fran Millán, gañador do Premio Artesanía de Galicia 2023.
O artesán gañou o concurso coa peza Noray, un pequeno moble auxiliar elaborado con madeira de batea. O carpinteiro, que traballa tódalas súas pezas con madeira de batea, estableceuse en Ribeira fai un ano.
O alcalde parabenizou a Fran Millán e agradeceu que o artesán escollese Ribeira para estalecer o seu proxecto económico. “É un orgullo para Ribeira ter artesáns deste calibre e debemos apostar por este tipo de productos únicos”.