Saturday 16 de November de 2024

A maxia converte a casa da cultura no ‘Hogwarts’ de Ordes


Este Nadal a casa da cultura de Ordes converteuse no máis parecido ao colexio Hogwarts de Harry Potter. E todo grazas ao espectáculo ‘Animáxicos’ que tivo lugar na casa da cultura e ao que asistiron arredor de 150 veciños e veciñas. Entre os xóvenes aprendices de meigallos e feitizos atopábase tamén o mesmo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, que se atreveu a subir ao escenario para poñer de manifesto as súas dotes coa maxia. Iso si… da branca.