Thursday 21 de November de 2024

Sorteados os regalos do programa “Agasalla Comercio Local, ten Premio”


O acto de entrega será o venres 5 de xaneiro ás 12:00 horas na Casa do Concello.

Hoxe realizouse o sorteo dos regalos do programa Agasalla comercio local, ten premio, a iniciativa impulsada polo Concello co triplo obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a importancia de facer as compras no comercio de proximidade, atraer e fidelizar á clientela e subvencionar as compras dos cidadáns.

Todos os clientes dos establecementos adheridos que depositaron durante as últimas semanas as súas tarxetas rasca e gaña cubertas cos datos persoais nas urnas habilitadas nas bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión participaron neste sorteo, que ten os seguintes gañadores:
• Videoconsola PlayStation 5: Ángela María Loureiro García.
• Xamón ibérico: Juan José Cotelo Outeiro.
• Experiencia turística: Sonia Mariño Cotelo.

Os premios serán entregados no acto que se vai celebrar o venres 5 de xaneiro ás 12:00 horas na Casa do Concello.