Onte, mércores 27 de decembro, o alcalde de Paderne, Sergio Platas, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisa Abrodos, acudiron ao domicilio de Martina Sabin Saya, veciña de Velouzás que cumpriu 102 anos. Martina é, na actualidade, a veciña con máis idade da localidade.
Os representantes do equipo de goberno ofrecéronlle unha felicitación en nome de toda a veciñanza padernesa por acadar a abraiante cifra de idade. Ademais agasallárona cun ramo de flores e unha tarta de aniversario nun acto no que Martina estivo acompañada polo seu irmán e a súa cuñada.