O mal tempo deste 28 de decembro obriga a adia-lo photocall Disney e o xogo da ruleta configurado para o Mercado do Nadal, habilitado no Cantón da Leña.
Estas actividades especialmente dirixidas para a rapazada forman parte da programación de dinamización social e económica para esta época festiva impulsada polo Concello da Pobra do Caramiñal.
A nova data será no venres 29, dende as 18.00 ata as 19.00 horas. Nesa mesma xornada, Barafunda levará polo núcleo urbano o espectáculo itinerante Osos panda.