A Comisión especial informativa sobre seguridade cidadá ditaminou favorablemente a proposta do grupo popular.
O Partido Popular xustificará este xoves no pleno ordinario o ditame favorable sobre iniciar os trámites necesarios para solicitar a promoción do Destacamento da Garda Civil de Sada a Posto Principal.
Proposta que os populares presentaron na Comisión especial informativa sobre seguridade e que todos os partidos alí representados apoiaron e acordaron elevar ao pleno ( Sada Maioría, UPSA, PP, PSdeG/PSOE).
Esta comisión creouse no pleno extraordinario sobre seguridade cidadá celebrado a iniciativa do Partido Popular.
Este grupo popular expoñerá diversos motivos que fundamentan dita solicitude empezando co insuficiente catálogo dos postos de traballo da Garda Civil de Sada que dispón da orde de 19 efectivos dos cales prestan servizo de Seguridade Cidadá ao redor de 12, con estes datos non é factible manter unha patrulla en servizo durante as 24 horas do día.
Datos a ter en conta tales como o 27,49 Km de concello sadense, con máis de 17.000 habitantes en época normal sen contar a poboación que acode de veraneo e que chega a dobrar os habitantes que residen no municipio, aumentada pola que se traslada desde A Coruña ás súas praias diariamente.
Unido a isto estaría ñel veciño concello de Bergondo, entidade cuberta á súa vez polo Posto da Garda Civil de Sada, municipio con 32.72 Km e unha poboación de 7.000 habitantes.
En total desde Sada a Garda Civil atende en necesidades de seguridade a máis de 24.000 veciños diseminados en máis de 60 Km, en circunstancias normais (facendo fincapé de novo no aumento de poboación durante o verán). E para iso a Garda Civil dispón de 12 axentes .
Engadir tamén ás necesidades de seguridade as intervencións en materia de violencia machista, chegando ás 40 vítimas na actualidade.
Dato relevante é a situación xeográfica de Sada, situada a escasos 18 km dunha urbe como A Coruña e conectada con importantes vías de comunicación, como a N-VI, LC-174, LC-173, a AP-9 e a A-6. A delincuencia e as necesidades dos cidadáns non entenden de límites territoriais.
Elevar o Posto da Garda Civil en Sada á categoría de Posto Principal, dobraría os efectivos de axentes na atención diaria ao cidadán e poderían responder as necesidades dos veciños en materia de atención e seguridade, garantindo uns niveis adecuados de protección.
“En ocasións as patrullas para atender aos Sadenses han de desprazarse desde outras localidades da zona metropolitana da Coruña e iso conleva unha dilación indebida na atención aos nosos veciños en circunstancias graves que requiren a presenza da Garda Civil. Isto solucionaríase contando o Posto de Sada co dobre de axentes en persoal, unha das garantías que traería o elevar a Sada á categoría de Posto Principal” Manifestou Esperanza Arias.
“Temos exemplos en Galicia de elevar a Posto Principal os destacamentos da Garda Civil en localidades de menor entidade que a nosa, tales como Lalín ou Verín e a mellora en seguridade cidadá que conlevou esta medida”, concluíu a portavoz do grupo popular.